¡Oferta!

AS FILLAS BRAVAS DE MOMAN

El precio original era: €12,35.El precio actual es: €3,71.

SKU: 9788413433844_A Categoría: Etiqueta:

Descripción

Unha homenaxe teatral ás cantareiras e á poesía popular, protagonistas do Día dasáLetras Galegas 2025.

As Fillas Bravas son tres mulleres maiores que tocan e cantan o que lles peta comoáantes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleresáde andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe deávoces furtivas que berran entre raposos. Viven en Momán, unha aldea que representaátodas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderadosáde muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatoriosáe cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva.á

Este novo título da colección Biblioteca de Teatro é un recital teatralizado que actualizaáa vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando eátransmitindo un importante repertorio de creatividade colectiva arredor da música, oábaile e do canto. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relaciónsáde xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nasácoplas do cancioneiro popular galego, para o que o grupo Chévere realizou unha escolmaáe adaptación de textos de transmisión oral.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es PRODUCIONS, CHEVERE
  • ISBN13 9788413433844
  • ISBN10 8413433843
  • Páginas 72
  • Año de Edición 2025