¡Oferta!

AS TOLAS QUE NON O ERAN

El precio original era: €16,48.El precio actual es: €4,94.

SKU: 9788411764094_A Categorías: , Etiquetas: ,

Descripción

Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana, a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno, a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio. En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: «Estou aquí e quero que me escoites». Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es V. Valiña, Carmen
  • ISBN13 9788411764094
  • ISBN10 8411764095
  • Páginas 142
  • Año de Edición 2025