¡Oferta!

COMO FACER COUSAS CON PALABRAS

El precio original era: €9,50.El precio actual es: €2,85.

SKU: 9788410142428_A Categoría:

Descripción

Se por algo vai ser recordado este libro de filosofía é pola teoría que desenvolve, a dos actos de fala. Non é propiamente un libro de lingüística porque non se concentra na oración ou nalgún dos seus equivalentes actuais en uso (proposición, sentenza, cláusula, frase…). O seu obxectivo principal é a acción que se exerce a través da linguaxe, son os actos de fala. É unha visión filosófica da linguaxe. Austin inaugura para a filosofía e a ciencia da linguaxe un fértil ámbito de estudo no que se segue a debater sobre a mellor maneira de tratar a complexa relación entre as palabras e a acción. A teoría dos actos de fala ten un enorme potencial para achegarse a cuestións políticas coma a da inxustiza discursiva dentro da filosofía feminista da linguaxe, a ámbitos como a filosofía do humor a través do estudo dos actos de fala humorísticos, á filosofía do dereito (en particular, á cuestión de como se cometen delitos con palabras), á ontoloxía do social ou ao estudo da diversidade cultural nas formas en que a xente trata de realizar accións verbais dentro dunha interacción social. Discorrido máis de medio século dende a publicación desta obra, as ideas de Austin seguen a evidenciar o seu impacto sobre o pensamento contemporáneo.

  • Encuadernación Tapa dura
  • Autor/es Austin, John L.
  • ISBN13 9788410142428
  • ISBN10 8410142422
  • Páginas 249
  • Año de Edición 2025