¡Oferta!

NAZISMO E CLASE OBREIRA 1933 1993

El precio original era: €17,05.El precio actual es: €5,12.

SKU: 9788484877233_A Categoría: Etiqueta:

Descripción

En «Nazismo e clase obreira (1933-1993)», Sergio Fontegher Bologna fálanos do papel da clase obreira nos anos anteriores e posteriores á toma do poder nazi. Ao analizar as condicións de vida das persoas traballadoras e os acontecementos máis cruciais do período (desde o masacre obreiro de Berlín en 1929 até a historia das bandas de rúa xuvenís antinazis e as redadas das SA nos bares obreiros dos suburbios) en anos que foron en realidade de conflito en ascenso, o libro desmonta o xuízo tradicional da historiografía, segundo o cal a clase obreira e o proletariado alemán inclináronse perante Hitler sen opor ningunha resistencia. Unha visión substancialmente inxusta, que non ten ningún respecto pola realidade. A loita antifascista era un obxectivo real e concreto perseguido polas organizacións obreiras alemás, malia todas as limitacións que padecían por insuficiencia de medios para tal fin. Contra elas, o nazismo desenvolverá diversas e complexas estratexias de ?entrismo? para separar os intereses de clase, dividir as conciencias e, en última instancia, desgarrar o tecido da clase traballadora.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es FONTEGHER BOLOGNA, SERGIO
  • ISBN13 9788484877233
  • ISBN10 848487723X
  • Páginas 176
  • Año de Edición 2025