¡Oferta!

VANTAXES E INCONVENIENTES DE CASE TODO

El precio original era: €15,63.El precio actual es: €4,69.

SKU: 9788411763967_A Categorías: , Etiquetas: ,

Descripción

Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas e perplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un pouco de acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes de case todo fala de libros, de cidades, de cociñas, de xentes ilustres, de persoas anónimas, de paisaxes e de barcos. Fala tamén do papel da escritura para apresar fragmentos da vida e observalos ao trasluz. Xosé Cermeño faino con humor e cun xeito moi persoal de sospeitar que case nada pasou como nolo contaron.O xénero das prosas breves tivo grandes cultivadores ao longo da historia, e está sempre disposto a renovarse, alimentado pola curiosidade e a intuición dos escritores máis inquietos. O máis pequeno pode ser literariamente moi grande e profundo. Ademais, como demostra este libro, tamén pode ser divertido.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es Cermeño, Xosé
  • ISBN13 9788411763967
  • ISBN10 841176396X
  • Páginas 144
  • Año de Edición 2025